O patrón maior de Ribeira descarta a ampliación da veda do polbo, a non ser que esté subvencionada. Así o explicou esta mañá José Antonio Pérez, apuntando que nun porto con tantas embarcacións aditcadas a captura do cefalópodo non sería viable un paro maior, como piden outras cofrarías. Por unha banda o paro afectaría negativamente a economía de moitas familias, e por outra masificaría outras artes.
Un dos maiores problemas que presenta o polbo ven sendo o cambio no desove, quizais motivado polo cambio climático e a temperatura das augas.
Malia isto o mal tempo deste inverno deixou as zonas da costa sen traballar, polo que segundo apuntou Pérez, deuse un descanso obrigado a especie.
Quen vai descansar tamén é a ameixa, tralo peche das concesións o 1 de abril non se agarda a apertura de zonas de ameixa rubia ata xuño. o balance da campaña foi positivo, segundo apunta o xefe do pósito ribeirense, non tanto en capturas máis sí en prezos.
Foi un ano bo tamén para a nécora e a centola.
Os prezos de diferentes especies mantivéronse estables na rula, en comparación con anos anteriores, as capturas sen embargo foron mais reducidas en xeral.
https://www.youtube.com/watch?v=qAxiDoczB8o