O concello de Noia debe mais dun 1.200.000 euros a proveedores, facturas que se amontonan entre os gobernos de Rafael Garcia Guerrero e Miguel Paz, e que a día de hoxe non teñen consignación. Asi o afirmou o alcalde de Noia Santiago Freire facendo balance da situación económica do concello. Datos contrastados con informes de Tesourería e intervención e datos publicados do 4º trimestre relativos a facenda.
O alcalde de Noia destaca a necesidade de articular mecanismos para afrontar estes pagos de maneira inmediata, dado que se adebedan cantidades importantes, que rondarían os 300.000 euros a algunha pequena empresa da localidade.
Por outra banda e tralo estudo realizado a estas facturas Santiago Freire destaca datos chamativos e facturas desorbitadas.
Freire Abeijón punta tamen que nas últimas semanas do anterior goberno se realizaron gastos con informes de reparo de intervención.
https://www.youtube.com/watch?v=w5ov3hvHUp4