A conselleira de Vivenda avanza a creación do Rexistro de Promotores, de inscripción obrigatoria, co fin de achegar transparencia e información sobre o sector inmobilario

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, anunciou hoxe a creación do Rexistro de Promotores de Galicia, de inscrición obrigatoria, co obxectivo de achegar maior transparencia e información aos cidadáns sobre o sector inmobiliario. Así o avanzou durante a presentación esta mañá, xunto co director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, do proxecto de decreto que unifica, por primeira vez, a regulación en materia de vivenda protexida, solo residencial e locais comerciais públicos.

A titular de Vivenda concretou que todas aquelas empresas que queiran desenvolver a actividade de construción de vivenda en Galicia deberán estar inscritas no Rexistro de Promtores, no que os cidadáns poderán comprobar a profesionalidade da firma coa que contratan, as calidades que habitualmente emprega nas súas construcións ou se ten recibido sancións.
Entre as principais novidades que recolle o novo decreto, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda destacou a creación de modalidades ata agora inexistentes de vivenda de promoción pública, como son a vivendas concertadas. A través desta fórmula establecerase unha liña de colaboración público-privada cos concellos de menos de 25.000 habitantes e cos promotores privados para facilitar a construción de máis vivendas protexidas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.