Os nenos de Porto do son asistiron esta mañá a unha actuación de ópera na Casa de cultura. 452 Rapaces e rapazas dos colexios de Caamaño, Seráns, Queiruga, Lapido, Baroña. Nebra e Xuño desfrutaron da representación «Érase unha vez…. a Ópera”, que tivo realizarse en dous actos para dar cabida ós asistentes.
Trátase dun espectáculo orixinal que busca xunto ó lóxico desexo de
divertir, o propósito de interesar e instruir ó espectador no maravilloso
mundo da Opera. Unha entrañable clase entre maestro e alumno sirve de
excusa para facer un excitante viaxe a través da Historia da Lírica; dende
a súa orixe ata a actualidade.
Un cantante lírico, tenor ou soprano profesional, mediante o uso de medios audiovisuais, explicará aos nenos, de maneira amena, didáctica e divertida, a historia da Ópera e a tipoloxía dos cantantes. Despois da actividade, representarán no espazo escénico a obra «Érase unha vez…. a Ópera».
https://www.youtube.com/watch?v=YwW8p3v7nJU