Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta activa hoxe unha nova liña de autobús entre Santiago e Fisterra con parada a demanda en Ponte Nafonso

A Xunta activa hoxe unha nova liña de autobús entre Santiago de Compostela e Fisterra que constará dunha parada a demanda en Ponte Nafonso para facilitar a mobilidade dos veciños cara a Outes.
Trátase dunha nova liña de transporte público que conectará Santiago de Compostela, Bertamiráns, Noia, Muros, Cee e Fisterra, contando cunha parada en Ponte Nafonso para dar servizo aos veciños deste núcleo que precisen desprazarse a Outes para facer xestións.

Salir de la versión móvil