Ás once desta mañá tivo lugar a presentación da VIII Travesía a nado do concello de Boiro e a III de Marina Cabo de Cruz que vai ter lugar o vindeiro venres día 15 de agosto ás 17.00 da tarde no porto deportivo de Cabo de Cruz. Esta actividade corre a cargo do Clube de Natación Boiro, do Clube Náutico Boiro, do concello boirense e da Federación Galega de Natación.
Esta hai variacións na metraxe do percorrido. O percorrido longo terá unha duración de 2500 metros e o curto será de 1250.
Ata o de agora hai un total de 146 anotados, pero prevese que a cifra vai acadar os 180, é dicir, o número de participantes será semellante ao da Travesía a nado que tivo lugar na plaia do Coroso o pasado sábado.
http://youtu.be/3vMDzSvu0nU