Icono del sitio CanalBarbanza.com

González Formoso agradeceu o traballo que fixeron os bombeiros de Boiro e Ribeira na extinción do incendio nas instalacións de Jealsa

O presidente da Deputación, o alcalde de Boiro e o deputado responsable de emerxencias achegáronse hoxe ao parque de bombeiros de Boiro, onde foron recibidos polo xerente do Consorcio Provincial Contraincendios, o sarxento do parque boirense, Francisco Sampedro, o suboficial Mauricio Calvo e bombeiros que colaboraron na extinción do lume que o fin de semana afectou a conserveira Jealsa.

Salir de la versión móvil