A AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS cestionará entre 2016 e 2017 un orzamento de case 500 millóns para mellorar a rede viaria

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Axencia Galega de Infraestruturas xestionará entre 2016 e 2017 un orzamento de case 500 millóns de euros para conservar, mellorar e ampliar a rede viaria autonómica; “o que supón –aseverou- un 6% máis que nos dous anos anteriores”.
Feijóo lembrou que a Axencia Galega de Infraestruturas concreta a súa actuación en catro grandes obxectivos estratéxicos: exercitar as competencias de planificación e programación en materia de estradas; optimizar a construción de novas infraestruturas viarias e a mellora das existentes; garantir a seguridade no transporte, mellorando as condicións das infraestruturas e dos usuarios; e mellorar o funcionamento e a calidade dos servizos da axencia. E, nese marco, subliñou que a axencia levará a cabo entre 2016 e 2017 varios programas e varias liñas de traballo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.