A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse este mediodía cos eurodeputados da Comisión de Pesca que estes días están de visita en Galicia. Trala xuntanza a titular de Mar agradeceu aos eurodeputados “que viñeran a manter reunións cos diferentes segmentos do sector pesqueiro galego e que viran cal é a realidade e a capacidade da Galicia pesqueira e mariñeira”, xa que, subliñou, “Galicia é a primeira rexión pesqueira de Europa”.
A conselleira amosou a súa satisfacción polos encontros que os representantes da Comisión de Pesca mantiveron estes días cos diferentes subsectores e representantes da administración pesqueira galega e que visitasen centros como o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR) e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), vinculados á Consellería do Mar. Estes encontros permitiron “poder transmitirlle cales son os problemas fundamentais cos que se atopan no seu día a día os profesionais do mar” e tamén “facer un repaso das liñas que estamos defendendo dende Galicia ante a Unión Europea para poder seguir mantendo un sector pesqueiro forte”.
https://www.youtube.com/watch?v=zMVt3wue4_s