A Consellería De Cultura E Educación Publica A Orde Pola Que Se Implanta A Formación Profesional Básica No Curso 2014/2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014-2015, a nova modalidade da FP que vén a substituír aos antigos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). A través desta normativa comezarán a impartirse en setembro tanto os ciclos de FP Básica como os 19 programas formativos que por primeira vez aparecen para atender de forma específica ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Segundo se establece na Orde publicada hoxe, os ciclos formativos de FP Básica que se impartirán a partires do vindeiro curso constarán de 2.000 horas equivalentes a dous cursos académicos a tempo completo. Estes ciclos inclúen tres tipos de módulos profesionais: uns asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais; módulos de Comunicación e Sociedade I e II; módulos de Ciencias aplicadas I e II, e un módulo de formación en centros de traballo. Tamén se impartirá en todos os ciclos unha unidade formativa de Seguridade e Saúde Laboral, co fin de facilitar a inclusión laboral do alumnado.

Como novidade dentro da FP Básica para este curso, impartiranse por primeira vez en Galicia programas formativos específicos para alumnado con necesidades educativas especiais, que ata o momento non existían. Neste ámbito ofértanse un total de 19 programas formativos de nove currículos diferentes adaptados ás necesidades específicas deste alumnado.

Estes programas formativos terán unha duración dun curso académico e neles incluiranse módulos de títulos profesionais básicos asociados ao bloque común, e outros de formación apropiados para a adaptación ás súas necesidades.
http://youtu.be/3qXFNpPl2TI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.