A Xunta está a manter contactos co Instituto Social da Mariña (ISM) co obxectivo de intercambiar datos e organizar a loxística necesaria para iniciar o antes posible a vacinación contra a covid-19 das tripulacións da frota galega. As conversas entre a Consellería de Sanidade e o ente dependente do Ministerio de Seguridade Social, Inclusión e Migracións prodúcense despois de que o Ministerio de Sanidade autorizase o inicio do protocolo necesario para inmunizar aos profesionais do mar.
O Goberno autoriza a vacinación dos mariñeiros

