22 septiembre, 2026

A Xunta inicia as obras do Hospital Público Gran Montecelo co obxectivo de que estean rematadas entre finais de 2023 e principios de 2024, un ano antes do previsto

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta traballará para reducir nun ano sobre o previsto o prazo de execución das obras do Hospital Público Gran Montecelo, co fin de que estean rematadas entre finais de 2023 e principios de 2024, pasando dos 42 meses de execución previstos aos 30. Durante unha visita ás obras, Feijóo subliñou que co inicio desta primeira fase comeza a materializarse a ampliación dun hospital que atenderá as necesidades asistenciais da poboación de 26 concellos -máis de 300.000 habitantes-, nos próximos 50 anos, mellorando unha atención hospitalaria que actualmente se presta en tres edificios separados: o Centro de especialidades de Mollabao, o Hospital Provincial e o Hospital Montecelo.

Related posts

O CONSELLO DA XUNTA APROBA E ANALIZA GRANDES INICIATIVAS ESTRATÉXICAS TRAS O CONSELLO DA XUNTA

CloudyX

A XUNTA LANZA A CAMPAÑA DE INMUNIZACIÓN DE GRIPE E COVID CON VACINA DE ALTA CARGA PARA MAIORES DE 65 ANOS

CloudyX

A CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE CUMPRE MEDIO SÉCULO DE COIDADO E PROTECCIÓN Á INFANCIA

CloudyX