O Concello de Boiro aposta pola reactivación do mercado ecolóxico no municipio que se viña realizando de xeito puntual na praza da Terceira Idade, na parte de atrás do Centro Social de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, mantiveron onte unha xuntanza con algúns dos comerciantes e artesáns que teñen interese en participar no mesmo para comezar a traballar no mesmo.
O Concello de Boiro traballa na reactivación do mercado ecolóxico e de produtos de proximidade

