O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron hoxe nun encontro sobre o programa Enredadas, no que colaboran os departamentos que ambos dirixen co obxectivo de impulsar a diversificación e a posta en valor do traballo das redeiras co deseño e produción de novos produtos artesáns.
Tal e como explicou Conde, no marco desta iniciativa que se desenvolve desde o 2012, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño ten realizado diferentes cursos de formación centrados nos complementos de moda, a bixutería ou as técnicas de enfiado, nos que participaron redeiras de localidades como Malpica, Corme, A Guarda, Cariño e Burela.
O programa enredadas impulsa a diversificación do traballo das redeiras co deseño e produción de novos produtos artesáns
Please login to join discussion