A Xunta habilitará unha partida de 4M€ que destinará integramente a paliar os efectos da crise sanitaria e as restricións sobre os negocios de ocio nocturno. Así se acordou hoxe nunha reunión con representantes do sector na que tamén se avanzou na progresiva desescalada e reapertura dos seus negocios atendendo á evolución dos datos epidemiolóxicos.
A Xunta pecha co sector do ocio nocturno un plan de axudas específico por valor de 4 millóns de euros

