O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, analizou hoxe xunto aos membros do Foro Económico de Galicia os avances levados a cabo pola Xunta no impulso á modernización do tecido industrial da comunidade, subliñando que un ano despois da posta en marcha da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, xa se activou preto do 70% das medidas previstas nesta folla de ruta para os primeiros 24 meses.
Conde resaltou a activación de medidas de apoio á innovación, ao emprendemento industrial, ao financiamento e ao asesoramento ás empresas con obxecto de respaldar a adopción das tecnoloxías da Industria 4,0 e apuntalar a competitividade do tecido fabril galego.
CONDE anuncia que a XUNTA xa activou preto do 70% das iniciativas da axenda da competitividade GALICIA-INDUSTRIA 4.0
Please login to join discussion