O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de determinar o nivel alto de restricións no concello A Pobra do Caramiñal que sae despois de tres semanas do nivel máximo, que o mantiña pechado perimetralmente. No nivel alto permancerá Ribeira cuxa evolución da incidencia epidemiolóxica está descendendo de maneira paulatina.
Rianxo continuará no nivel medio do que sae Boiro, que se situa no nivel medio-baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.
Sanidade rebaixa o nivel máximo de restricións no concello da Pobra do Caramiñal

