A democratización da cultura é un dos obxectivos da XUNTA segundo ROMÁN RODRÍGUEZ

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá a ‘Memoria de actividades de Cultura da Xunta de Galicia 2015’, un exercicio de transparencia no que se recollen as actuacións realizadas tanto nas bibliotecas públicas e arquivos de Galicia, como nos museos dependentes da Consellería, na Cidade da Cultura, ou ao abeiro da AGADIC.
Finalmente, a memoria ofrece como anexos a estrutura da Consellería e a relación das convocatorias realizadas polo departamento de Cultura e Educación con cargo aos orzamentos de 2015, nas que se pode ver dun xeito sintético cales son as liñas de axuda pública no ámbito cultural da Xunta de Galicia.
Durante a súa intervención o conselleiro salientou os fitos principais acadados no eido cultural pola Xunta o pasado ano, tales como a elaboración do anteproxecto de Lei do Patrimonio Cultural ou o avance en materia de eliminación da fenda dixital para o acceso á cultura, e sinalou como obxectivos a democratización da cultura no marco dunha sociedade inclusiva, dentro da Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020; e a internacionalización das industrias culturais galegas. ¡

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.