Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Concello da Pobra implanta provisionalmente o sentido único de circulación nun tramo do Camiño Real

O Concello pobrense aplicará provisionalmente dende o día 26 de abril o sentido único de circulación na dirección A Pobra-Boiro, na rúa 2 da Ribeiriña, que se corresponde cun dos tramos do Camiño Real, establecendo a entrada polas inmediacións da Mercé. É un cambio provisional que xa foi notificado previamente á veciñanza do lugar.

Salir de la versión móvil