Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Pobra conmemora o Día Mundial do Libro cunha actividade a través do Facebook

Con motivo do Día Mundial do Libro, no 23 de abril, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo, impulsa unha proposta a través do Facebook dada a situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 que está a atravesa-lo municipio. A actividade consiste en que a veciñanza, independentemente da súa idade, colgue no Facebook a fotografía do seu libro favorito ou dalgún que estea a ler actualmente.

Salir de la versión móvil