A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, explicou hoxe na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego que os datos obtidos pola Xunta nos últimos meses apuntan a unha mellora da situación do polbo en augas galegas. Os datos de capturas mostran unha tendencia ascendente e o índice de recrutamento -de xuvenís- acada niveis altos en relación coa serie histórica que se remonta a 2005, sinalou.
A Xunta constata unha mellora na situación do polbo ao aumentar as capturas e o índice de recrutamento de xuvenís

