O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe tras o Consello da Xunta que a posta en marcha do novo Programa Reacciona, dotado con 9 millóns de euros, permitirá ás pemes galegas mellorar a súa competitividade e facilitar o seu crecemento. “Estamos a falar dun programa renovado e ampliado, que ten como obxectivo facilitar a reinvención da empresa, a mellora da súa competitividade e o crecemento da mesma”, aseverou.
Nun primeiro termo, Feijóo explicou que este ano o programa se estrutura en tres convocatorias distintas: a terceira edición do Reacciona; a primeira edición do Reacciona TIC; e unha nova edición das Bolsas Reacciona. Todo elo co obxectivo de que os 9 millóns de euros de investimento que ten o programa permitan o desenvolvemento de 1.500 proxectos, que benefician a preto de 1.000 empresas.
https://www.youtube.com/watch?v=p_xhint62Rc