Concello de Porto do Son e COGAMI unidos para mellorar a accesibilidade do Concello

COGAMI e o concello de Porto do Son veñen de asinar un convenio para elaborar un plan director de mellora da accesibilidade universal nos dous principais núcleos do concello, en Portosín e Porto do Son. A través deste convenio, o técnico da área de accesibilidade de COGAMI vai avaliar como está a situación actual dos espazos públicos e cales son as actuacións que haberá que acometer para o uso de todas as persoas.

No estudo xa se contemplan cinco principais áreas a estudar, sendo estas a fronte marítima, a estrada AC-550, as rúas interiores do casco urbano, os equipamentos urbanos e as praias e os seus accesos.

Primeiramente, o que se fará será unha recompilación de datos sobre o municipio nos que se identificarán os itinerarios principais de intervención que se coñecerán a través dunha auditoría ou estudo sobre a accesibilidade, que rematará coa elaboración do plan de accesibilidade e calidade ambiental da rede peonil e dos edificios públicos do concello de Porto do Son.

Ademais dos núcleos urbanos de Portosín e Porto do Son, tamén o plan comprenderá os edificios de titularidade municipal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.