A XUNTA inviste 680.000 euros nas obras de reforzo de firme da estrada ac-305 que beneficiarán a catro concellos do BARBANZA

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polo alcalde, Juan José Dieste, anunciou hoxe en Boiro o inicio da contratación das obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-305, que beneficiará, directamente, a catro municipios da comarca do Barbanza, e que suporá un investimento de 680.000 euros.

Esta acción de reforzo do firme na estrada entre Padrón e Ribeira suporá, ademais dunha maior seguridade, unha superior comodidade aos usuarios que circulan por esta vía, moi frecuentada no verán e, ademais para os habitantes dos catro municipios onde se realizarán as obras: Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) da licitación destas actuacións, a previsión da Xunta é iniciar as obras este mesmo verán, que terán un prazo de execución de 6 meses, cando as condicións meterolóxicas sexan máis favorables.

https://www.youtube.com/watch?v=472vVsSPyHk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.