O concello de Ribeira cotratará tres tecnicos de turismo durante o verán. O proceso recollido no Boletín Oficial da Provincia, o Concello de Riveira acaba de convocar o proceso selectivo para a contratación de tres técnicos que atendan as oficinas municipais de información turística (situadas Xarás, Malecón e San Roque) durante este próximo verán.
Os interesados dispoñen de dez días para presentar as súas instancias para tomar parte no correspondente proceso selectivo. O modelo de instancia está a disposición tanto nas oficinas municipais como no sitio web do Concello (www.riveira.gal).