A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta semana con representantes da asociación Orpal, que agrupa a buques palangreiros de Ribeira e Marín, para escoitar as inquedanzas desta entidade en relación ao acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que afecta á súa actividade. No encontro a titular de Mar trasladoulles que a Xunta está expectante ante as negociacións dada a necesidade de acadar resultados antes da finalización da prórroga actual deste protocolo, que expira o próximo 15 de novembro, e co obxectivo de evitar que a frota vexa paralizada a súa actividade.
A Xunta analizou con palangreiros de Ribeira e Marín a situación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania.

