O GRUPO POPULAR apoia demandar ao goberno central a adopción de medidas legais contra noruega para a inclusión dos mariñeiros galegos na súa seguridade social

O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central a adoptar as medidas legais que correspondan e interpoña unha demanda contra Noruega por esixir a residencia para a inclusión no seu sistema de Seguridade Social aos traballadores do mar galegos embarcados nos seus buques, vulnerando a prohibición de discriminación por razón de nacionalidade. Así mesmo, demándase o inicio dunha negociación para alcanzar un acordo que permita poñer fin a esta situación de desprotección social dos traballadores do mar galegos emigrantes en Noruega.

O deputado do Grupo Popular Vidal Martínez-Sierra amosou “a nosa solidariedade coa accións levadas a cabo, tanto polos mariñeiros a título persoal como a través da Asociación Long Hope, así como o noso firme apoio e preocupación pola prolongada situación inxusta que padecen as persoas que integran este colectivo de mariñeiros”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.