Os servizos sociais de RIBEIRA organizan unha saída cultural de cinco días por LISBOA e a súa costa dirixida aos MAIORES DE RIVEIRA

A concellería de Servizos Sociais de Ribeira organiza unha nova saída cultural dirixida aos mási veteráns no marco do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores. Lisboa e a súa costa serán esta vez os lugares de destino e a actividade desenvolverase durante cinco días: do 16 ao 20 de maio.

A primeira tenente de alcalde, Fabiola García, e a xefa de servizo de Servizos Sociais, Francisca Vidal, explicaron hoxe os detalles desta actividade, orientada aos censados en Riveira con 60 ou máis anos e aos xubilados a partir dos 55.

Ademais da capital de Portugal, os maiores que se animen a participar na iniciativa terán a oportunidade de visitar distintas localidades como Queluz, Sintra, Cascais, Estoril, Nazaré ou Alcobaça. O prezo inclúe autocar, estadía en hotel do centro de Lisboa en réxime de pensión completa, visitas guiadas, seguro de viaxe e guía durante todo o percorrido.

O prazo de inscrición principia hoxe mesmo e prolongarase ata o vindeiro 5 de maio. Para anotarse hai que acudir ás dependencias dos Servizos Sociais situadas na praza 8 de marzo (teléfono 981 871 131 / email servizossociais@riveira.com).

https://www.youtube.com/watch?v=pi8zSV6Jw1E

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.