Fabiola García, pediu avanzar xunto ás persoas con autismo cara unha sociedade sen estereotipos durante a súa intervención nun acto organizado por Amicos en conmemoración do Día Mundial do Autismo. A cita, que tivo lugar esta mañá en Ribeira, ten como obxectivo visibilizar esta efemérides, que se celebra o venres, 2 de abril. A conselleira remarcou que en días coma esta faise máis necesario ca nunca amosarlle ao mundo do que son capaces as persoas con autismo. Neste sentido, agradeceu a Amicos a súa implicación todos os días do ano para darlle ás persoas con autismo e ás súas familias as ferramentas necesarias para o seu libre desenvolvemento e para gañar en autonomía.
Fabiola García pide avanzar xunto ás persoas con autismo cara unha sociedade sen estereotipos

