Esta mañá presentouse na sede da FEB este plan formativo, froito dun convenio
de colaboración asinado entre a FEB e a Deputación Provincial da Coruña. O
orzamento do proxecto ascende á cantidade de 37.500 €, achegando a Deputación
30.000 € e a propia FEB 7.500 €.
O obxectivo deste plan é mellorar a oferta turística e comercial da comarca do
Barbanza. Para iso executaranse ao longo do mes de abril un total de catorce
accións formativas, distribuidas segundo o cronograma que se xunta. Na presentacion do programa formativo participaron José Ramón Romero, presidente da FEB, Cesáreo González, secretario do Clúster de Turismo de Galicia e Aurelio Villa, director da Escola de Negocios Afundación
Estes cursos van destinados aos profesionais, traballadores autónomos e pemes
dos sectores turístico e comercial, dentro do noso ámbito de influencia. A FEB
agarda que trala súa execución, se contribúa á profesionalización destes sectores
e a facilitarlles novas ferramentas e estratexias que lles axuden ao crecemento do
seu negocio, logrando en consecuencia o desenvolvemento económico da
comarca e a xeración e consolidación do emprego.
https://www.youtube.com/watch?v=VIInU9flfAU