Feijóo presenta Smart Camiño, unha iniciativa que “introducirá o Camiño nas enciclopedias do futuro, a rede das redes”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe a iniciativa Smart Camiño que, tal e como salientou “introducirá o Camiño na enciclopedia do futuro, a rede de redes” e permitirá planificar a viaxe, usar a realidade aumentada para consultar onde comprar, comer ou hospedarse. O titular da Xunta, sinalou durante a súa intervención a Galicia como o pobo do camiño e ao camiño como unha experiencia individual, cultural, deportiva ou gastronómica que vai máis alá da súa vertente espiritual. Tamén se referiu á necesidade de que o Camiño se adapte aos novos tempos e ao mundo dixital.
Nesta liña, o presidente da Xunta, sinalou que as actuacións de Smart Camiño se dirixen por unha banda á extensión da rede wifi gratuíta ao 100% dos albergues, e por outra, á posta en marcha dunha nova páxina web, caminodesantiago.gal.
O presidente da Xunta sinalou o papel fundamental que desempeña o turismo na nosa economía e a boa marcha que esta actividade está a ter nos últimos anos, “supón o 11,6% do nos produto interior bruto. Ademais, Feijoo destacou que o recoñecemento internacional que acadou Galicia como destino nos últimos anos, ten unha relación directa coa implantación do Camiño de Santiago no mundo.

A este respecto, Feijóo lembrou que o Goberno galego puxo en marcha o Plan integral de turismo, que vai tutelar os esforzo dos próximos anos, propuxo o Plan director estratéxico do Camiño ou o Smart Turismo 2015-2020 “que conta cunha inversión de 10 millóns de euros” e dentro do cal se encadra a iniciativa Smart Camiño que iniciou hoxe o seu camiño.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.