O Concello de Ribeira desexa recordar aos beneficiarios das axudas para a reactivación económica e social de Ribeira (PEL-Reactiva) que falta unha semana para que remate o prazo para xustificar a concesión destas subvencións, dotadas de 596.000 euros cofinanciados por Deputación e Concello para dotar de liquidez a persoas autónomas e microempresas na procura de contrarrestar os efectos do covid-19.
O Prazo de xustificación das axudas do Pel-Reactiva Ribeira afronta a súa semana final

