FEIJÓO salienta que o incremento do orzamento do programa GALICIA 1000 permitirá apoiar case 1.500 proxectos de PEMES galegas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a terceira edición do programa de financiamento Galicia 1000 reforza o orzamento un 10% ata chegar aos 100 millóns de euros, o que permitirá mobilizar 330 millóns e apoiar case 1.500 proxectos de pemes galegas.

“O que buscamos é que ningún proxecto solvente se quede sen apoio”, aseverou, incidindo en que o programa enmárcase na prioridade da política económica da Xunta de fortalecer o tecido empresarial e industrial de Galicia, reforzando o investimento que permita crecer ás compañías, impulsando a súa capacidade innovadora, a súa internacionalización e a súa adaptación á Industria 4.0.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.