A Consellería de Servizos Sociais de Porto do Son pide ás mulleres sonenses a súa colaboración para a campaña contra o maltrato de xénero na que se conta que a realización dos carteis vai a ser o próximo 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A intención dos carteis deste ano é que a xente comprenda que os casos de violencia de xénero moitas veces están máis preto do que nos cremos. E por isto que, o concello busca caras de veciñas do Son para ser fotografadas co rostro maquillado simulando as consecuencias do maltrato.
O concelleiro de Servizo Sociais, Javier Quiñoy, demostrou a súa preocupación polo alto número de mulleres maltratadas no concello, xa que son máis de tres as que acuden a súa axuda e pediu que non se fagan recortes neste tipo de axudas.