O Comité Executivo da Federación Galega de Confrarías reunido o pasado sábado 13 de marzo decidiu convocar unha reunión en liña de todos os patróns e patroas maiores de Galicia o vindeiro sábado 20 de marzo a fin de valorar o Novo Regulamento de Control aprobado polo Parlamento Europeo de Pesca que afectará en 4 anos inevitablemente á frota de artes menores .
A Federación Galega de Confrarías rexeita a nova normativa sobre xeolocalización, instalación de cámaras así como remisión de datos dende embarcacións para a flota de entre 4 e 12 metros.

