O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a sinatura, entre maio e xuño, dun convenio de financiamento a 3 anos co Campus Industrial de Ferrol para abordar os novos retos como campus especializado. Durante o acto de entrega da acreditación, Feijóo valorou o compromiso do campus co futuro da comarca, converténdose no primeiro acreditado do Sistema Universitario Español e o primeiro especializado na industria naval. E incidiu en que esta acreditación potenciará as súas estruturas de investigación, ademais de estreitar as relacións coas empresas da contorna, redundando no desenvolvemento da comarca.
Feijóo destaca a sinatura dun convenio de financiamento a 3 anos co Campus Industrial de Ferrol para abordar os novos retos como campus especializado.

