Este inverno foi o segundo máis cálido dos últimos 50 anos, cunha temperatura media de 10,1 graos

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, salientou esta mañá que este inverno foi o segundo máis cálido dos últimos 50 anos, o que pon en evidencia que a loita contra o cambio climático é un dos grandes desafíos da humanidade. A responsable de Medio Ambiente do Goberno galego visitou esta mañá as instalacións de Meteogalicia, onde avanzou o contido do Informe meteorolóxico do inverno, elaborado por este organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente.
Mato Otero indicou que a temperatura media foi de 10,1ºC, unha cifra por riba da media habitual dos invernos, polo que se pode considera -en termos xerais- como de moi cálido, ao que se suma o feito de rexistrar 2,2 grados máis que o inverno de 2014-2015.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.