Galicia da por comezado a campaña da xarda. Son ao redor dun centenar de embarcacións das tres provincias as que toman parte nesta pesqueira, que durará ata que se esgote o 85 % dos 1.796.945 quilos que corresponden á flota de artes menores con base en Galicia.
Aínda que cada provincia galega dispón da súa propia cota, a flota optou pola xestión autonómica da mesma a través de Opaga (Organización de Produtores de Galicia).
Para que a cota asignada á flota artesanal galega dure o maior tempo posible e permita prolongar ao máximo no calendario a costeira do verdel, as federacións provinciais de confrarías pactaron un tope diario. Cada embarcación non poderá capturar máis de 2.000 quilos ao día, aínda que se establece un reconto semanal. Isto é, permítese que nalgunha xornada se superen esas dúas toneladas sempre que nos cinco días da semana non se pasen os 10.000 quilos.
Máis de 100 barcos do cerco inician a campaña da xarda
Please login to join discussion