O pasado sábado o concello do Son arrecendía a mel pois foi un día que se adicou a este produto.
A festa deu comezo ás 10.00 horas da mañá e transcurriu durante todo o día ata as 22.00 horas da noite. Veciños, veciñas e turistas non deixaron de visitar a feira que tivo unha afluencia semellante á de outros anos a pesar de que o mal tempo non acompañaba.
Foi unha feira orientada a todos os públicos, máis os rapaces pequenos foron os mellor acollidos nesta festividade. Os máis pequenos aprenderon a recoñecer a raíña e a labor de cada abella dentro dos enxames.
Talleres de cera, manualidades e coiro enchían as rúas sonenses.
Tamén se levou a cabo unha cata de mel que moitos preferiron acompañar con galletas mariñeiras.
Os visitantes aprenderon a importancia da polinización que levan a cabo as abellas, xa que, como dixo o científico alemán Albert Einstein, se desaparecen as abellas da faz da terra os humanos tardarían só 10 anos en desaparecer tamén.
Os Sonenses Desfrutaron Do Doce Sabor A Mel O Pasado Sábado
Please login to join discussion