Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta impulsará o plan recupera para que o alumnado reforce as aprendizaxes non consolidadas durante a pandemia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para dar conta das liñas estratéxicas de actuación do seu departamento nesta lexislatura. Entre elas destacou o lanzamento do Plan Recupera, dirixido a reforzar as competencias non adquiridas polo alumnado ou as que presenten dificultades por mor da pandemia. O obxectivo é manter os estándares de calidade do sistema educativo galego, avalados por informes como o PISA e pola redución do abandono temperá.

Salir de la versión móvil