O PSOE de Boiro seguirá cumprindo cos seus compromisos nesta lexislatura e dialogará co novo concelleiro de IC Boiro

Dende o goberno local responderon ás acusacións lanzadas por Velo, incidindo en que despois do resultado electoral nas eleccións locais celebradas en Xuño do 2019, o PSdeG-PSOE de Boiro comezou unha serie de xuntanzas co resto de forzas políticas da esquerda para tentar acadar o goberno local.
Xuntanzas nas que o partido socialista foi moi claro en canto a desenvolver a gobernabilidade en solitario.

Salir de la versión móvil