O Concello de Boiro presentou esta mañá o proxecto “Boiro facendo camiño” co que se pretenden dar a coñecer distintas rutas de sendeirismo polo municipio. Na presentación estiveron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e as persoas que colaboraron no deseño das rutas que forman parte do proxecto, Eduardo Estévez, Bernardino González e José Cornado.




