Sin categoría

O Concello de Lousame destinará 152.000 euros do PAI 2016 a mellora de estradas e 25.000 euros a amortizar débeda

O Concello de Lousame destinará un total de 151.735 euros do Plan de Aforro e Investimento 2016 á realización de tres proxectos de mellora de estradas no municipio e outros 25.685 euros a amortización de débeda. Así se acordou no pleno extraordinario celebrado esta mañá na que a proposta da Alcaldía saíu adiante cos 6 votos a favor do Partido Popular e as 4 abstencións de PSOE e BNG.
O PAI 2016 destina a Lousame 177.421,55 euros, dos que van destinar 25.685,74 euros a mortizar débeda, o dobre do que establecen como mínimo as normas da Deputación”, explicou a alcaldesa, Teresa Villaverde, quen indicou que “o destinarán a amortizar parte do crédito que teñen co BBVA, que é o que ten os tipos de interese máis altos. Villaverde explicou que o nivel de endebedamento de Lousame a 31 de decembro de 2015 é do 6,68%, o que supón unha débeda a longo prazo de 140.385 euros.
O resto do PAI 2016, que ascende a 151.735 euros, investirase en dous proxectos de melloras de estradas. O primeior é o arranxo do camiño entre Seoane e Cerquides, concretamente entre a igrexa ata a estrada Noia-Padrón. O proxecto de mellora en rego asfáltico, que inclúe a apertura das gabias, está orzamentado en 78.557,53 euros.
O segundo proxecto suporá un investimento de 73.158 euros en dúas actuacións: a mellora do camiño entre Silvarredonda e Froxán e os accesos a Fontefría, no límite con Rois.

Salir de la versión móvil