O Concello da Pobra do Caramiñal publica hoxe no taboleiro e na sede electrónica a listaxe definitiva de persoas autónomas e empresas que se beneficiarán no municipio das axudas do PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña e ó cal se atopa adscrito a Administración local. Tras finaliza-lo prazo de alegacións, no total, serán 125 as persoas autónomas e empresas que recibirán estas achegas, as cales dispoñen ata 31 de marzo para achega-la documentación xustificativa.
Na Pobra do Caramiñal foi publicada a listaxe definitiva de persoas autónomas e empresas da Pobra beneficiarias do PEL-Reactiva

