Ribeira da continuidade á iniciativa posta en marcha na primeira edición de O Pote, de tal xeito que entre as actuacións que están a realizar os quince mozos e mozas participantes no obradoiro se inclúen estes menús, nunha acción colaborativa co Departamento de Servizos Sociais no marco do seu Programa Comunitario de Inclusión Social, que costea o transporte do mesmos e dispón de voluntariado das entidades Buenas Noticias e ICE Renovación para o seu reparto entre os usuarios.
