A exposición pretende amosar ao público da arte as distintas flores silvestres de Galicia como o toxo, os pampullos ou os croques. Trátase dunha mostra cunha marcada vertente didáctica pois cada unha das obras, todas elas realizadas en óleo sobre lenzo, vai acompañada dunha explicación sobre a historia desa flor: a súa orixe, propiedades, hábitat ou período de floración.
O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira vai albergar a partir deste venres día 5 de marzo unha nova exposición titulada “Flores Silvestres de Galicia”

