Feijóo destaca que o vindeiro sábado entrará en vigor a nova Lei do solo de Galicia, froito do diálogo e o consenso e que nace con vocación de permanencia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o vindeiro sábado entrará en vigor a nova Lei do solo de Galicia, froito do diálogo e o consenso e que nace con vocación de permanencia.
Nel, Feijóo afirmou que o texto nace coa premisa fundamental de crear un novo modelo de urbanismo para Galicia baseado na responsabilidade e a sustentabilidade, nunha ordenación do territorio máis eficiente e respectuosa co medio e na toma de conciencia sobre a importancia social, económica e ambiental que ten a nosa paisaxe e a súa protección.
O titular da Xunta lembrou que a nova normativa é a culminación dun proceso que o Goberno galego foi apuntalando desde 2009.
O presidente tamén citou o Catálogo das Paisaxes, cuxo borrador está feito por un panel de expertos, presentado o pasado mes de xaneiro “e que inclúe a delimitación de258 tipos diferentes de paisaxe que cohabitan en Galicia segundo 5 clases de relevo, 12 clases de uso e 5 clases de clima”. A previsión é que este catálogo sexa aprobado este verán. Ademais, tamén buscamos a colaboración da cidadanía a través de diversos obradoiros para a posta en común de ideas e propostas coas que elaborar as Directrices da Paisaxe.
Feijóo precisou que estas Directrices, xunto co Catálogo, conformarán o futuro Atlas das Paisaxes de Galicia, o documento definitivo que recollerá todos os instrumentos de ordenación territorial e urbanística, os informes sectoriais en materia de paisaxe e os estudos de impacto de integración paisaxística.

https://www.youtube.com/watch?v=_ZW3T0ubb-0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.