Francisco Vázquez Vázquez, exalcalde da Coruña e ex embaixador de España no Vaticano foi o encargado de dar o pistoletazo de saída á Semana Santa en Boiro coa lectura do pregón o sábado a tarde.
A semana santa de Boiro voltará a contar na procesión co paso da virxe da soidade, máis este ano será transportado por trinta costaleiros da parroquia.
O alcalde de Boiro Juan José Dieste destacou a importancia de que a Semana Santa trascendera a condicion religiosa para converteerse nun evento tamén cultural e turístico.
O rexedor boirense agradeceu a implicación de todos os que co seu esforzo fan posible que un ano máis a Semana Santa boirense conte cun amplo conxunto de actos religiosos.
Os días 16, 17 e 18 celébrase o triduo na honra da virxe das dores, o domingo 20 beizón dos ramos no cruceiro de Bao ás 11:30, o xoves, 24 de Marzo, as 19.00 horas oficiaráse
A isa da Cena del Señor, aas 20.30 horas sairá a procesión do Ecce Homo e o remate dará comezo a hora Santa. O venres santo, as 19.00 horas celebración dla Pasión do Señor e logo o Desenclavo, as 20.30 horas procesión do Santo Enterro.
O Sábado Santo, a partir das 21.00 horas celébrase a Vixilia Pascual.
https://www.youtube.com/watch?v=VUk8HVqoDYA