Aprobado o expediente para a contratación mediante renting dun turismo e unha furgoneta para a POLICÍA LOCAL DE RIVEIRA

O Concello de Riveira informa de que vén de aprobar o expediente de contratación para a adquisición de dous vehículos (un turismo e unha furgoneta) para a Policía Local mediante a modalidade de arrendamento con mantemento (renting).

O orzamento de licitación desta iniciativa é de 151.008 euros, IVE incluído, cun prazo de duración do contrato de 48 meses.

O procedemento será aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e con tramitación ordinaria.

https://www.youtube.com/watch?v=Ylo4VxGeRJE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.