jueves, septiembre 28, 2023

A XUNTA recibe do CONCELLO DE PORTO DO SON o plan xeral de ordenación municipal para a súa aprobación definitva

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, recibiu esta mañá ao alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, quen fixo entrega á Xunta de Galicia do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a súa aprobación definitiva.

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que a partir de agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo do proxecto presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que este completo.

Cómpre destacar que o Plan xeral foi aprobado provisionalmente o pasado 25 de febreiro de 2012 e porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende outubro de 1994, hai 22 anos.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico para a redacción deste documento de planeamento, que planificará o desenvolvemento deste concello nos vindeiros 12 anos, para o cal se concederon axudas por un importe de 200.000 euros.

Tramitación
A redacción do PXOM de Porto do Son foi contratada en 1999, máis non recibiu un impulso decisivo ata abril 2011, cando foi enviado polo actual Goberno Municipal para o IPAI (Informe previo á Aprobación Inicial), que emitiu a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio en xuño de 2011.

O traballo e a tramitación continuou coa Aprobación Inicial polo Pleno municipal en febreiro de 2012, a exposición pública, período no que se presentaron 650 alegacións, que posteriormente foron analizadas, a solicitude e emisión favorable dos preto de 30 informes sectoriais, así como a tramitación urbanística e ambiental.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.